RUTH MATILDA ANDERSON. FOTOGRAFÍAS E ESTUDIO. (DOUS TOMOS)

RUTH MATILDA ANDERSON. FOTOGRAFÍAS E ESTUDIO. (DOUS TOMOS)

Brand: RUTH MATILDA ANDERSON
88.60 USD In stock Buy at Merchant

Ruth Matilda Anderson (Nebraska, 1893-Nova York, 1983), conservadorada Hispanic Society of America, ficou na periferia dos rexistros literarios galegos durante case un século, mesmo malia ser a maior tradutora de Rosalía de Castro co par galego-inglés ata 1964. Tomo 1 UNHA MIRADA DE ANTANO: FOTOGRAFÍAS DE RUTH MATILDA ANDERSON EN GALICIA. Máis de 450 fotografias. Conten: Elaborando unha crónica de Galicia Elaborando una crónica de Galicia / Patrick Lenaghan. Ver Galicia: A mirada ferida e a mirada transferida Ver Galicia: La mirada herida y la mirada transferida / Miguel Anxo Seixas Seoane. A Galicia que visitou Ruth M. Anderson La Galicia que visitó Ruth M. Anderson / Ramón Villares. Catálogo. Apéndices. English Versio Tomo 2 RUTH MATILDA ANDERSON TRADUTORA DAS MARXES Neste libro desenmascáranse os diferentes mecanismos que, consonte o investigado por Alba Rodríguez Saavedra, desde 1939, operaron e operan para manter afastada do noso sistema Gallegan Provinces of Spain. Pontevedra and La Coruña, a monografía referencial de Anderson sobre Galicia e a única desta tipoloxía que publicou. Nela, ademais das devanditas traducións e de presentar unha análise exhaustiva do país alicerzada na documentación histórica, literaria e etnográfica, reflíctese con claridade, a través da cesión da palabra ás protagonistas, a dureza da vida das mulleres rurais da altura, así como o compromiso feminista de dúas escritoras paradigmáticas, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán. Ruth Matilda Anderson, investigadora, fotógrafa, tradutora e ensaísta, reivindicou a Galicia do campesiñado, das mulleres e da infancia, trasladando unha visión complementaria á que tradicionalmente ofreceu a nosa historiografía canónica. Esta subversión, baseada nun proceso de tradución de dobre vía (galego-inglés e inglés-galego), puido ser, consonte se argumenta neste libro, o motivo da súa expulsión ás marxes, desde onde agora é reclamada para recuperarmos os testemuños dun tempo e dunhas vidas quese nos ocultaran. ÍNDICE Leiteira sen nome.. Marilar Aleixandre Entre as mulleres rurais e fóra do canon. Ruth Matilda Anderson e o seu libro Gallegan Provinces of Spain. Pontevedra and La Coruña... 11 Ana Cabana Iglesia Ruth Matilda. Traductora das marxes Sentando os alicerces: a evidencia da invisibilización de Ruth Matilda Anderson.. «Unha especie de experimento» Galicia, unha terra de mulleres contada por homes.. «Esta terriña meiga» A elisión de Ruth Matilda Anderson. Entre o canon e a periferia. A tradución bifida... A inevitable arañeira das estratexias de manipulación Para poñer o ramo. Milleiros de grazas. Referencias.. Alba Rodríguez Saavedra é tradutora, editora técnica e integrante do Grupo de Investigación en Tradución e Paratradución da Universidade de Vigo. As súas liñas de estudo principais, asentadas en feminismo e tradución, céntranse na análise das manipulacións arredor da moura e da cailleach, e o seu traballo de investigación A tradución das marxes como reivindicación das mulleres galegas. Elas, as elididas, a través de Ruth Matilda Anderson recibiu o Premio de Investigación Enxeñeiro Comerma, do Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña 2023. --- A grande obra de RUTH MATILDA, dispoñible na nosa we. UNHA MIRADA DE ANTANO: FOTOGRAFÍAS DE RUTH MATILDA ANDERSON EN GALICIA, ____ Editorial: A FUNDACIÓN/ Laiovento 10-2025 Idioma: Galego/ Castellano/Inglés ENSAIO FOTOGRAFÍA

Variants (1)
  • Default Title — 88.60 USD — In stock

AI Readiness

Good foundation, but some important product data is still missing.

77%