Cunca AMODIÑO

Cunca AMODIÑO

Brand: Aí falaches
SKU: CUNCA001
12.90 EUR In stock Buy at Merchant

Tanto pola mañá como pola tarde ou a noite, o día hai que tomarllo como o café con leite… amodiño. Cunca AMODIÑO Tanto pola mañá como pola tarde ou pola noite, o día hai que tomarllo como o café con leite... amodiño. Amodiño é forma agarimosa do adverbio "amodo". É ese agarimo dun avó avisando á crianza: "Amodiño, vas caer". Aínda que ás veces o "vas caer" era máis un feito acontecido que unha advertencia previa. Sexa como fóra, o avó avisaba de que facer as cousas de maneira atordada e con présas non podía traer nada bo. E mira por onde, despois dun período no que se tendeu á sobre estimulación, esta tendencia está reculando e rescatándose antigos valores. Uns valores que estanse a presentar con adxectivos ou nomes máis modernizados... Termos como o secreto da felididad danesa, denominada " hygge", ou o mindfulness. Per que non son máis que a confirmación de que os nosos avós tiñan toda a razón... Temos que vivir a vida dun xeito máis amodiño. Isto non é doado. Non basta con tomar o café na cunca amodiño e seguir facendo vida normal. Tampouco se trata de pasar de todo e deixar de cumprir cos teus compromisos, pero se que hai que relativizar e priorizar. Darlle ás persoas e ás cousas o tempo que merecen.Ten que posuírche o espirito da vida amodiño, porque senón... vas caer! Se tedes calquera dúbida sobre o produto, aquí estamos. E se tedes dúbidas co galego, tamén podedes visitar a web da RAG.