Desprender no sono <br/>Alice Oswald

Desprender no sono <br/>Alice Oswald

Brand: My Store
SKU: f14
19.00 USD In stock Buy at Merchant

Os envíos comezarán no mes de maio FABA #1 Tradución de Jesús Castro Yañez Desprender no sono é o primeiro libro de Alice Oswald que se traduce ao galego. Nas súas páxinas quedan máis que patentes as virtudes da autora: unha sensibilidade profundamente ecolóxica, un dominio maxistral do ton e do ritmo, a atención á tradición oral e a intelixencia sensorial coa que comprende o territorio, mesmo a escalas históricas e ata xeolóxicas. «O desafío que propón a poesía é o de deixar a linguaxe aberta para que o que aínda non coñecemos poida atravesala», afirma Oswald. A maioría destes poemas gravitan arredor do punto exacto en que se produce algún tipo de cambio, suceden ás veces nun estado de transo e outras nun momento de tránsito, pero sempre parecen estar celebrando esa mutabilidade da vida que poñen de manifesto. Alice Oswald, talvez só por detrás de Anne Carson, é unha das maiores renovadoras da poesía clásica, que reinterpreta e subverte con destreza. A segunda metade de Desprender no sono e tamén a parte máis espectacular do libro, titulada Titono e subtitulada 46 minutos na vida da aurora, é un longo poema narrativo que toma como punto de partida un mito grego e está feito para lerse no tempo que lle leva á noite volverse día nun amencer de verán. Interesada no que das palabras irradia, máis que na súa solidez, Oswald é creadora dunha obra que pide ser lida de viva voz. Alice Oswald Alice Oswald (Reading, Reino Unido, 1966) é unha das poetas contemporáneas máis destacadas: os seus libros mereceron galardóns coma o T.S. Eliot ou o Griffin Poetry Prize, e foi a primeira muller en ocupar a prestixiosa praza de profesora de poesía na Universidade de Oxford. Con formación en linguas clásicas e xardinaría, Oswald amosa en libros como Dart, Memorial, ou A Sleepwalk on the Severn un profundo interese e respecto polos substratos, recolle paciente e atenta o que medra da terra e das palabras. Ficha técnica Ref: f.28 Título: Desprender no sono Publicado: 01/05/2026 Tirada: 500 Textos: Alice Oswald Tradución: Jesús Castro Yáñez Editor colección FABA: Jesús Castro Yáñez Deseño: desescribir Páxinas: 88 Tamaño: 112 x 194 mm Idioma: Galego Impresión: Ófset Encadernación: Rústica Forro tela / Estampación Tipografía: Lexicon Papeis: Arena Natural 120 g/m² Imprenta: Agencia Gráfica Encadernadora: Legatoria ISBN: 979-13-990100-6-0

Variants (1)
  • Default Title — 19.00 USD — In stock

AI Readiness

Good foundation, but some important product data is still missing.

86%