upupú [Inés Mosquera]

upupú [Inés Mosquera]

16.00 EUR Out of stock Buy at Merchant

DATA DE EDICIÓN: 20-05-2026 ISBN:979-13-991170-5-9 IDIOMA: Galego COLECCIÓN: ELBa MATERIA: poesía Upupú é a onomatopea do canto da bubela (upupa epops), unha ave que cruza o ceo deste poemario coa forma de muller-paxaro e que acaba, precisamente, por darlle título ao conxunto.Upupú nace dunha necesidade visceral de Inés Mosquera para poñerlle palabras ao inexpresable, para cantarlle á dó. pero tamén á rebeldía e á liberación. A súa capacidade envolvente permítelle describir os trazos dunha espiral cada vez máis aberta, capaz de apreixar en cada volta novas latitudes. Trátase dun libro, segundo a autora, que esfiaña a liña de pensamento do eu poético ata case reducilo ao delirio. Unha aventura onde a palabra sobarda os seus propios ritmos para ofrecernos, coa súa crueza e emoción, o alento táctil da dor, do voo e do perfume. Inés Mosquera (Carcacía, Padrón, 1992) é autora de Papoulas amarelas (2022) e Nonmeesquezas (2023), así como de distintos poemas publicados en volumes colectivos coma Dorna. Tamén publicou o álbum ilustrado para nenos Pintiñas, xunto con Isabel Alonso. É tradutora e graduada en Educación Primaria cun Mestrado en Lingüística Aplicada pola Universidade de Vigo.

AI Readiness

Good foundation, but some important product data is still missing.

66%