Suadoiro MORRIÑA azul e branco

Suadoiro MORRIÑA azul e branco

Brand: Aí falaches
SKU: SU1003_3
34.95 EUR In stock Buy at Merchant

Suadoiro MORRIÑA Por que o frío é máis frío lonxe de casa… Suadoiro MORRIÑA Traducir traducímolo, pero ningunha tradución define con exactitude este sentimento… E por suposto, non é cansazo nin soño, iso é “modorra” :-) A palabra morriña é unha das máis extendidas do noso vocabulario. Ata está aceptada xa pola "Real Academia de la lengua Española". Pero aínda hai moita xente por alá adiante que confunde a morriña con outras cousas. Por exemplo cun estado no que a persoa ten soño ou está cansada. Iso é a modorra, pero nalgúns lugares da península, utilizan morriña nese sentido. Tamén é verdade que nalgunhas zonas do noso territorio, en Viana do Bolo ou preto dalá, utilízase a palabra morriña para describir a choiva fina e persistente. O que moitos coñecemos tamén como "orballo". Ademais, tamén nalgunhas zonas é, como recolle a Real Academia Galega, unha capa de sucidade que se forma sobre algo debido á falta de hixiene. Aquí podedes atopar máis acepcións. Pero no caso que estamos a falar é o de sentimento que algúns din que só pódese entender cando deixas a nosa terra. E aínda máis, como din unha letra de Baiuca "ninguén sabe de morriña ata que escapa do mar...". Recomendámosvos seguir a este artista. E cando esteades lonxe non esquezades o suadoiro morriña, polo frío! Se tedes calquera dúbida sobre o produto, aquí estamos. E se tedes dúbidas co galego, tamén podedes visitar a web da RAG.