Ocht nDán Gaeilge / Oito poemas irlandeses [Simon Ó Faoláin]

Ocht nDán Gaeilge / Oito poemas irlandeses [Simon Ó Faoláin]

10.00 EUR Out of stock Buy at Merchant

DATA DE EDICIÓN: 20-05-2026 ISBN:979-13-992397-8-2 IDIOMA: Irlandés / galego COLECCIÓN: Malaca de fóra , número 10 MATERIA: poesía Ocht nDán Gaeilge / Oito poemas irlandeses é unha pequena xoia que nos permite ler en galego a Simon Ó Faoláin, un dos autores máis admirados da poesía actuala en irlandés. Ó Faoláin traballa a linguaxe -segundo subliña a crítica- como se excavase un xacemento e, como se nos conducise polo labirinto dunha cultura á intemperie, vai desvelando os segredos da súa historia e os alicerces simbólicos do seu futuro. Simon Ou Faoláin (1973) naceu en Dublín e criouse no oeste de Kerry. Formouse como arqueólogo e traballou tanto no sector privado como no ámbito académico, sendo autor e coautor de varios libros sobre arqueoloxía e estudos celtas. Gañou o Premio Colm Cille en 2008 e 2010. A súa primeira colección, Anam Mhadra (A alma dun can), foi publicada por Coiscéim en 2008 e gañou o Premio Irlandés Glen Dimplex e o Premio Eithne e Rupert Strong. A súa primeira obra de teatro, An Poll (O buraco), gañou o Premio Walter Macken de An Taibhdhearc en 2010. A súa segunda colección de poesía, As Gaineamh (Da area), publicouse en 2011.

AI Readiness

Good foundation, but some important product data is still missing.

66%