Os días que foron. 2014—2018 <br/>Jesús García
20% de desconto Reserva un exemplar Os envíos comezarán a partir do 11/11/2026 Formei parte dun grupo de amigos —inicialmente once; despois chegamos a ser catorce e, ás veces, non eramos máis ca cinco— que, tres meses despois de rematar os estudos en Belas Artes en Madrid, nos mudamos aos Blancos (Ourense) sen saber moi ben a que. O noso único guía nun concello profundo e afastado era un compañeiro da carreira, natural de Xinzo de Limia, que nos falou dun edificio abandonado que «quizais» nos podían prestar. E prestáronnolo. Alí marchamos: unha mestura de mozos de Burgos, Madrid, Valladolid e Galicia dispostos a vivir xuntos, construír unha comunidade e desenvolver unha proposta artística. Así nacía Espacio Matrioska. Un deles —quen escribe estas liñas— levou tamén a súa cámara e comezou a disparar carretes desde o primeiro día. Pasei alí algo máis de catro anos, ata que a convivencia rematou mal e regresei a Madrid. Os días que foron. 2014–2018 é un rexistro visual, un diario íntimo daqueles anos nun lugar que custou sentir como fogar, pero que acabou por selo e que deixou unha fonda nostalxia nun madrileño de orixes andaluzas. Este traballo quere poñer en valor as persoas e os momentos vividos ás abas da Raíña Loba e ás portas do Xurés, nunha Limia fría no inverno e abrasada no verán. Unha proposta de reconciliación. «[…] O proxecto de Jesús García «Os días que foron 2014–2018» é un traballo que propón de xeito acertado unha narrativa íntima e, ao mesmo tempo, coral; onde se perciben os anceios e ideais da xuventude sen agochar as contradicións e os conflictos dunha vida en comunidade. Afastado dun ollar paternalista, tantas veces común en proxectos que se achegan ao momento vital da descuberta da vida adulta, Os días que foron propón un documentalismo doméstico, interior; unha búsqueda da identidade propia e colectiva ao redor da necesidade e a ledicia esperanzada da construción de alternativas e novos territorios e a certeza das ruínas do tempo e da memoría». (Extracto da acta do xurado do V Premio Editorial de Fotografía Documental Galega FFOCO) Jesús García Jesús García (Madrid, 1992) Fotógrafo, videógrafo y narrador visual. Graduado en Bellas Artes por la Universidad Complutense de Madrid (2014) y becado en el Máster de Fotografía de Autor por la escuela EFTI (2021). Su práctica artística se sitúa a medio camino entre lo documental y lo autoral. Aborda cuestiones relacionadas con la memoria y la construcción de relatos colectivos con un ojo puesto en la realidad rural, la tradición y la relación entre las ciudades y el entorno natural. Compagina sus proyectos artísticos personales con su trabajo como fotógrafo y videógrafo freelance, trabajando con especial actividad en el sector musical para clientes como Warner Music y otros sellos independientes, en el sector cultural (La Casa de la Arquitectura, Museo Reina Sofía, ARCO...), prensa (ABC, Forbes, JazzMagazine) y para diferentes clientes particulares. Ficha técnica Ref: f.30 Título: Os días que foron. 2014–2018 Publicado: 31/11/2027 Tirada: 300 Fotografías: Jesús García Edición: Cibrán Rico López Jesús Vázquez Gómez Deseño: desescribir Páxinas: 80 Tamaño: 245 x 330 mm Idioma: Galego / Inglés Impresión: Ófset (CMYK e Tritono) Encadernación: Grampado a cabalete Papeis: Arena Natural Rough 140 g/m2 Impresión: Agencia Gráfica Encadernación: Legatoria ISBN: 979-13-990100-9-1 Notas: Os días que foron. 2014–2018, de Jesús García, foi recoñecido no ano 2025 co V Premio Editorial de Fotografía Documental Galega, creado e impulsado por FFoco. Festival de Fotografía da Coruña, co obxectivo de fomentar a creación e produción de fotolibros vencellados a Galicia. O V Premio Editorial de Fotografía Documental Galega conta co apoio e o financiamento integral de The MOP Foundation
Variants (1)
- Default Title — 19.00 USD — In stock
How AI sees this product
The more complete this product's details, the more confidently AI assistants can understand and recommend it.