Good-bye Galicia [Poesía galega reunida e ensaios] – Euxenio Montes

Good-bye Galicia [Poesía galega reunida e ensaios] – Euxenio Montes

17.00 EUR Out of stock Buy at Merchant

DATA DE EDICIÓN: 01-07-2026 ISBN: 979-13-992144-8-2 IDIOMA: Galego COLECCIÓN: Cova da Lontra, 15 MATERIA: poesía e ensaio Entre 1919, data na que publica os primeiros poemas en A Nosa Terra e o ano 1930, cando sofre o rexeitamento explícito doutros autores novos, Euxenio Montes foi un participante activo da cultura galega, tanto como creador, como xornalista e con presenza relevante no debate político e estético da Galiza dos anos 20. Datos significativos da súa traxectoria posterior, son a súa candidatura nos socialistas ás eleccións de 1931 e, principalmente, a súa participación na fundación da Falange en 1933. A edición, a cargo de Mario Regueira, céntrase na súa produción poética e nas participacións en cuestións estéticas. No volume, por tanto, está por vez primeira a poesía reunida de Montes e os seus ensaios galegos. A proposta forma parte dun proxecto máis amplo da aeditorial para ofrecer unha poanorámica do momento -primeiros anos vinte do século XX- no que en Galicia se intentou crear un novo suxeito cultural cun discurso literario alternativo. Euxenio Montes (Vigo, 1900 – Madrid, 1982) foi na segunda década do século XX unha das figuras máis prometedoras do galeguismo. Doutorouse en Filosofía e Letras cunha tese dirixida por Ortega y Gasset, escribiu brillantes artigos na Revista de Occidente ou nos xornais de Ourense e Vigo. Tratou a Unamuno, Gómez de la Serna, Lorca ou Arberti, ademais de ser unha das figuras predilectas de Vicente Risco en Nós e un colaborador asiduo nas publicacions ultraístas españolas. Ideolóxicamente inclunouse progresivamente cara á ultradereita. Foi un dos fundadores da Falange Española e acompañou a José Antonio Primo de Rivera nas súas viaxes á Alemaña nazi e a Italia fascista entre 1934 e 1935. Despois do golpe de estado de 1936, converteuse nun dos activistas culturais do réxime. Da súa relacion epistolar con Blanco-Amor tamén se desprende que serviu de ponte cos escritores galegos menos asimilabes. En galego publicou relatos como O vello marino toma o sol (1922) e Tres contos, ou o decisivo poemario Versos a tres cás o neto (1930), inspirado no seu título en James Joyce. Mario Regueira (Ferrol, 1979) é doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, ademais de escritor e crítico literario. A súa tese Narrativa e imaxinario nacional na reconstrución do compo literario de posguerra (1936-1966) (Xerais, 2020) centrouse na literatura de posguerra, tendo tocado despois outras liñas relacionadas coa teoría queer, a ficción científica e a poesía contemporánea galega. Traballou como profesor para a Universidade de Santiago de Compostela na área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada e na de Filloloxia Galega e Portuguesa.

How AI sees this product

The more complete this product's details, the more confidently AI assistants can understand and recommend it.

66%