O malperder [Pablo Fidalgo Lareo]

O malperder [Pablo Fidalgo Lareo]

17.00 EUR In stock Buy at Merchant

DATA DE EDICIÓN: 10-07-2025 ISBN: 978-84-992397-3-7 IDIOMA: galego COLECCIÓN: Sentulo, 19 MATERIA: poesía Entre 2013 e 2015, Pablo Fidalgo Lareo comezou a recuperar a memoria familiar, un proxecto ao que agora lle pon remate con O Malperder. Pablo Fidalgo Lareo asegura que O malperder se nutre na mística dos vencidos e dos parias, na súa alegría e nas súas resistencias intimas, esa dobre vida que na península ibérica se iniciou con marranismo no século XV e que neste libro –está claro– se identifica cos vencidos da guerra civil. Ao mesmo tempo, porén, O malperder é unha declaración de amor á súa avoa, coa que en 2013 representou unha obra de teatro en distintos escenarios do mundo. Agora ela ten 97 anos e o autor sente o desexo constante de falar con ela, de interpelala, de obter as súas derradeiraas respostas. Lembra que de neno, cando volvía á casa malhumorado porque perdera ao fútbol, a súa avoa lle dicía “tes moi mal perder”. Co tempo, aprendeu que o malperder non é máis que unha forza, un cuestionamento, unha promesa de vinganza e revancha. Poema a poema, Pablo Fidalgo vai construíndo unha estrutura que lle permite non só axustar contas coa historia senón tamén dialogar nun mundo, ou unha casa, na que ninguen quere (ou non pode) falar. Pablo Fidalgo (Vigo,1984) levou a cabo entre 2013 e 2015 levou un traballo de recuperación da súa memoria familiar, con performances como O estado salvaxe. Espanha 1939 e libros como Mis padres Romeo y Julieta. Este proxecto finaliza con O malperder. O seu último libro tituláse Vivir sin nada (2023) e súa última performance La enciclopedia del dolor: esto que no salga de aquí (2024). En 2026, antoloxías da súa obra publícáronse en México, Brasil e Portugal. En Chan da Pólvora apareceu toda a súa obra en galego, composta por Parangolé (2019) e Je vous salue, Fran Cortegoso (2021).

How AI sees this product

The more complete this product's details, the more confidently AI assistants can understand and recommend it.

66%