Poemáforos – Poesía Aforística

Poemáforos – Poesía Aforística

22.00 EUR In stock Buy at Merchant

Segundo libro da Colección Moraima, este tesouro cheo de sorpresas que é Poemáforos, de caste grega o seu nome, é unha mostra brillante de Poesía Aforística Celso Emilio, coma un arcano gardarroupa repleto de roupaxes de valor, o valor que teñen os pensamentos deixados ao antollo do fado, dentro do colo dun gastado libro, un segredo gardado, como o testemuño esquecido nas páxinas do sorbedoiro da vida, as cales abrollan agora de súpeto, cheas de xenio e carácter. Estes Poemáforos son poesía, pero moito máis que un simple axitar da lira. Están cheos de belixerancia e a súa presenza editorial é unha declaración de principios. Sitúanse do lado incorrecto, politicamente falando, no seu tempo e no tempo de hoxe. Hai neles toda intención política e ideolóxica posíbel. Esta obra reafirma a forza da Poesía Aforística Celso Emilio como vehículo de reflexión, memoria e identidade. A temática é variada e recorrente no caso da poesía de Celso Emilio: Galicia, emigración, os intelectuais do seu tempo, o poder, o desterro, a cultura, a amizade, a liberdade, o amor, etc. Este Libro roxo dos aforismos, ágape de aforismos moi ferreirianos que o envolve todo, crea ese artefacto de cincuenta e cinco anos de idade —fogar onde viviron esquecidos—, esta arma poética aforística sen contemplacións ao respectábel. Como barrenos nunha noite estrelada e apracíbel. Máis información sobre a obra nestes artigos: Versos e Aloumiños: «POEMÁFOROS», UN NOVO TÍTULO DA COLECCIÓN «Moraima», de CELSO EMILIO FERREIRO (Editorial Elvira). Presentación del libro ‘Poemáforos’ de Celso Emilio Ferreiro – Planomato | Planomato Versos e Aloumiños: Audio da presentación de POEMÁFOROS de Celso Emilio Ferreiro

Specifications
Autor
Celso Emilio Ferreiro
Información adicional
Páxinas: 238 Encadernación: Tapa blanda Lingua: Galego ISBN: 979-13990985-9-4 Xaneiro 2026

AI Readiness

Good foundation, but some important product data is still missing.

78%