Hai lugares aos que o corazón sempre volve | O Principiño Galego
Hai lugares aos que o corazón sempre volve. Lugares nos que o tempo parece deterse, o sol cae sobre o Atlántico e as Illas Cíes recórtanse no horizonte como unha lembranza á que sempre apetece regresar. Esta ilustración da colección O Principiño Galego fala de Galicia, da amizade e deses pequenos compañeiros de catro patas que fan máis especiais todos os camiños. Unha lámina chea de calma, tenrura e sentimento galego, creada a partir dun debuxo orixinal a lapis e acuarela. Dispoñible en varios tamaños. Impresa en papel Hummer de 350 g, con textura tipo acuarela. Envíase sen marco.
Specifications
- Tamaños impresión
- A3, A4, A5, A6
How AI sees this product
The more complete this product's details, the more confidently AI assistants can understand and recommend it.
66%