Primeiro espello <br/>Olalla Cociña

Primeiro espello <br/>Olalla Cociña

Brand: My Store
SKU: f14
19.00 USD In stock Buy at Merchant

Os envíos comezarán no mes de maio FABA #2 Primeiro espello intérnase aínda máis nos vieiros que Olalla Cociña xa fixera seus hai unha década en Vestir a noite, o que ata o de agora era o seu último libro de poemas: os relustros poderosos e algo amargos deses instantes de memoria que, cando se conquistan, aloulan pola súa intensidade, lóxicas inesperadas que se revelan evidentes unha vez que foron enunciadas. O libro de Olalla Cociña inscríbese na literatura do onírico sen limitarse a transcribir a percepción dislocada dos soños, os seus contornos enganosos, senón querendo alumar a rareza deses cristais cunha luz distinta a través da súa incorporación ao poema. Son textos que sempre pesan moito menos ca a impresión que deixan, privilexian esa clase de sensación que vai esponxando, que medra por dentro e que precisamente é máis grande porque nunca se expón de todo. Como sinala Ildefonso Rodríguez no preámbulo aos poemas, Olalla Cociña é unha escritora que suspende límites, traslada sentidos, vai cara ao inestable e o intermedio. «Nin durmidas podemos deixar de ser quen somos», apunta un dos versos, pero na súa escrita, Cociña tamén se desdobra continuamente, sobrevóase, obsérvase desde o teito do cuarto cando dorme. Estraños ángulos de cámara, unha intuición que se esguella para non se facer familiar de máis, para non ser allea ao traballo que dá recoñecerse. Olalla Cociña Olalla Cociña (Viveiro, 1979) desde o 2004 publicou libros como Libro de Alicia, Ningún precipicio ou Vestir a noite, nos que alterna momentos de visión estartelada con escenas coma intuídas por un ollar apenas entreaberto. Os seus versos forman un xardín domesticado na xusta medida, delicado pero medio silvestre, alucinacións en flor que abanan nunha febre mansa. Coorganizou o ciclo de lecturas poéticas Picaversos en Santiago de Compostela e formou parte da banda Atrás Tigre. Licenciada en Xornalismo, dedícase á docencia. Ficha técnica Ref: f.29 Título: Primeiro espello Publicado: 01/05/2026 Tirada: 500 Textos: Olalla Cociña Editor colección FABA: Jesús Castro Yáñez Deseño: desescribir Páxinas: 68 Tamaño: 112 x 194 mm Idioma: Galego Impresión: Ófset Encadernación: Rústica Forro tela / Estampación Tipografía: Lexicon Papeis: Arena Natural 120 g/m² Imprenta: Agencia Gráfica Encadernadora: Legatoria ISBN: 979-13-990100-7-7

Variants (1)
  • Default Title — 19.00 USD — In stock

AI Readiness

Good foundation, but some important product data is still missing.

86%