Literatura de Sodoma [António Botto, Raul Leal e Judith Teixeira]

Literatura de Sodoma [António Botto, Raul Leal e Judith Teixeira]

16.00 EUR Out of stock Buy at Merchant

DATA DE EDICIÓN: 28-06-2026 ISBN:979-13-992397-1-3 IDIOMA: Galego COLECCIÓN: Rabo de Egua, número 13 MATERIA: poesía Dentro da complexa historia das agresións contra a visibilidade homosexual, sen dúbida a campaña contra Botto, Leal e Judith Teixeira é unha das máis significativas no ámbito cultural poortugués, en parte porque o detonante foi Fernando Pessoa pero tamén la personalidade dos tres mártires dunha campaña contra “os artistas decadentes, os poetas de Sodoma, os editores, autores e vendedores de livros imorais”. António Botto era un ser librérrimo, Raul Leal introducira o futurismo en Portugal e Judith Teixeira dra unha muller rebelde e bohemia. A orixe da polémica está na publicación da segunda edición que Pessoa fai das Cançoes de António Botto. Pouco despois, de novo Pessoa publica na revista Contemporânea un artigo no que cualifica a Botto como o único esteta de Portugal. “Artistas”, escribe, “tem havido muitos em Portugal; estetas só o autor das Canções”. E Pessoa, outra volta, retorce a cuestión ao utilizar o seu heterónimo Álvaro de Campos para rebater os seus propios argumentos no número 4 de Contemporánea. De Campos sostén que Botto é inmoral e indecente pero, ao mesmo tempo, considera que iso o fai forte. Nesa mesma revista, un xornalista de filiación tradicionalista, Álvaro Maia, responde indignado a Pessoa por apoiar unha obra “repugnante, indecente e escandolosa e putrescente”. Á polémica únese pouco despois Raul Leal coa publicación dun volume titulado Sodoma divinizada na editorial Olisipo, que dirixía Pessoa. A xenreira desatada foi grande e arrastrou por diante a Judith Teixeira co seu libro Decadência, no que algúns albiscaban pegadas lésbicas. Os estudantes católicos e a tumescente moralidade do Estado Novo portugués alíanse para liquidar os tres autores. O gobernador civil de Lisboa manda queimar en 1923 os seus libros, Botto vese obrigado a emigrar ao Brasil, Raul Leal sufrirá distintos actos violentos e non volverá a escribir nos xornais ata dúas décadas despois. Judith Teixeira desaparece. O volume que se integra na colección Rabo de Egua de Chan da Pólvora inclúe as tres obras da polémica e unha introdución de Carlos Quiroga que reconstrúe os acontecementos históricos e as características literarias das pezas. É, sen dúbida, unha edición de singular importancia que ata agora non se fixera en Portugal. Unha pequena xoia que enriquece o catálogo do selo galego e que serve para ampliar a dimensión da terrible crónica da represión contra os artistas das sociedade alternativas.

AI Readiness

Good foundation, but some important product data is still missing.

66%